As linguas suman. Campaña da Coordinadora de ENDL

O documento artéllase en torno a dúas consideracións: \"O galego necesita aprenderse na escola\" e \"Saber galego axuda a aprender\".

09/06/2009

 

Ante a anunciada enquisa nos centros de ensino do país, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fixo público un tríptico para distribuír entre as familias en que afirman que a lingua está sendo empregada para separarnos e co que pretenden desmontar os prexuízos cara á aprendizaxe do galego.

Este tríptico, que podes consultar nesta ligazón, está promovido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e apoiado pola Área de Normalización Lingüística da UVigo, o Servizo de Normalización Lingüística da UDC e as Escolas Católicas de Galicia.

Co lema "As linguas suman", no documento contextualízase a situación actual segundo a cal, "o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo". O texto artéllase en torno a dúas consideracións: "O galego necesita aprenderse na escola" e "Saber galego axuda a aprender".

Na segunda parte do tríptico, preséntanse algúns datos estatísticos sobre a competencia lingüística do alumnado noutros idiomas que veñen desmontar os prexuízos a respecto deste tema.

 

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

 

 

 

 

 








 
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ou superiores e Opera