|
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga)
Neste ano realizaranse tres convocatorias, dúas para Galicia, resto do Estado español e Europa (maio e novembro de 2010) e unha terceira para América (outubro de 2010)
|
08/02/2010
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas do Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para o 2010. Neste ano realizaranse tres convocatorias, dúas para Galicia, resto do Estado español e Europa (maio e novembro de 2010) e unha terceira para América (outubro de 2010).
Os prazos para a presentación de solicitudes rematan o 25 de marzo (convocatoria maio), o 30 de xuño (convocatoria de outubro) ou o 8 de outubro (convocatoria de novembro).
Se desexas máis información, preme aquí.
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
|

|
|