|
Unha xanela á lingua, contada por unha rapaza rusa
Daria Shornikova é a autora de ‘A Xanela’, un documental en primeira persoa sobre o galego
|
08/02/2010
Daria Shornikova, unha rapaza rusa que aprendeu a falar galego, decidiu pasar o verán en Compostela. Durante a súa estadía, gravou un filme-lexicón, A Xanela, un documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.
Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galicia, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.
Fonte: Vieiros
|

|
|