Segunda fase da campaña Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Corenta personalidades de diferentes ámbitos da sociedade mostran o seu compromiso co idioma propio

24/05/2010

 

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presentou este venres a segunda fase da súa campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" en que participan corenta personalidades de diferentes ámbitos da sociedade galega que mostran en forma de texto, de debuxo, de fotografía e mesmo de hip hop, o seu compromiso co idioma propio.

Ao mesmo tempo, a CGENDL convida a toda a sociedade, especialmente á comunidade educativa, a que participe enviando textos á páxina da campaña (coordinadoraendl.org/orgullo), onde se poderán atopar as mostras de orgullo de, entre outros, o atleta Pedro Nimo, o empresario Rafael Cuíña, as artistas Mercedes Peón e Aíd, o fotógrafo Xurxo Lobato, o enxeñeiro Xulio Fernández, o cociñeiro Javi Olleros, o catedrático especialista en linguas José Manuel Vez, os físicos Jorge Mira e Eva Cernadas, os escritores Rosa Aneiros e Agustín Fernández Paz, o teólogo Xosé Chao Rego ou o científico Ángel Carracedo.

 

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

 

 

 

 

 








 
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ou superiores e Opera