|
Xa está dispoñible a interface en galego do Windows 7
Xa se pode descargar dende a páxina de Microsoft o parche para o sistema operativo Windows 7 para termos unha interface en galego
|
12/07/2010
O paquete de idioma de interface de Windows (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do Windows. Despois de instalar o LIP, o texto do asistente, as caixas de diálogo, os menús e os temas de Axuda e asistencia móstranse en galego. O texto que non estea traducido aparecerá no idioma base de Windows 7. Podes acceder á páxina para o instalar nesta ligazón. Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
|

|
|