Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet, o CXG presenta este concurso que interrelaciona as novas tecnoloxías e a lingua galega.
Con "Lingua de Amor" o CXG tenta normalizar o uso da nosa lingua dende unha perspectiva lúdica, actual e atractiva para a xente nova. A xuventude, a internet e o amor, tres ingredientes fundamentais que poden dar lugar a un cóctel explosivo!
Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:
- Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.
- Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches.
- Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración". O número máximo de caracteres é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.
- Lista das miñas declaracións: neste apartado poderás ler as declaracións coas que participas neste concurso.
- Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.
Recordámosvos que a extensión máxima da mensaxe é de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso. Así mesmo, establecerase un máximo de dúas mensaxes por concursante.
A data límite para o envío das declaracións é o 15 de maio de 2007.
Os premios serán os seguintes:
1º: Videocámara Mini DV Samsung VPD361 + un lote de libros en galego
2º: Cámara Sanyo PSDCN912 + un lote de libros en galego
3º: MP4 Blu:Sens 1027 + un lote de libros en galego
Ademais, os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Consello da Xuventude de Galicia agradécelles a súa colaboración ao Consello da Cultura Galega, á Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao grupo Activa Galicia e ás librerías Couceiro e Follas Novas.
Memoria de Lingua de Amor 2007
Lingua de Amor nos medios:
- Entrevista en Viraventos de Radiofusión
- Entrevista en As Quimbambas, da Radio Galega
- Reportaxe no programa Bos días, da TVG
- Reportaxe na TVG, desconexión local de Santiago