Lingua de Amor 2009

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, presenta a terceira edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

 

Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión, perfectamente válida para a música. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

 

Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:

 

1 Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.

 

2 Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches. No caso de xa estares rexistrado/a pero non recordas o correo electrónico co que te rexistraches ou o contrasinal de acceso, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org indicando o teu nome, apelidos e DNI e facilitarémosche os datos de acceso.

 

3 Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración" ou sobre “engadir audio”.


- O número máximo de caracteres para as declaracións é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.
- Para a modalidade de cancións non hai ningún máximo establecido.

4 Lista das miñas declaracións /lista de audio: nestes apartados poderás ler as declaracións ou escoitar as cancións coas que participas neste concurso.

5 Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás actualizar e modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.

(Se tes algún problema á hora de subir as declaracións ou os vídeos, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org e intentaremos solucionalo coa maior brevidade posible.)


O concurso Lingua de Amor está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.


Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un ordenador portátil
2.º Unha videoconsola PlayStation3
3.º Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todas as persoas premiadas recibirán un lote de libros en galego.

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega

1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

O prazo para participar permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009.


O prazo para as votacións será do 11 ao 17 de maio.

O Consello da Xuventude agradécelles a súa colaboración á Concellaría de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á Libraría Couceiro.

DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE

 

 

 

Categoría A (de 14 a 19 anos):

 

 

 

1.º Premio: O amor á miña lingua, de Celia Rodríguez Vega, de Outeiro de Rei (un ordenador portátil)

 

 

 

“Quero eu facerche agora, miña lingua, unha declaración, non unha declaración calquera, senón unha declaración de amor. Lingua antiga, lingua latina, Que grazas a ti coñecemos as raíces da nosa terra. Lingua bela, lingua amada, A túa palabra nos meus beizos, Son bicos de amor, e de esperanza.”

 

 

 

2.º Premio: Espero resposta, de Francisco Valiño Álvarez, de Miño (unha PlayStation3)

 

 

 

“Levamos moito tempo falando polo messenger. Gústame moito falar contigo pero nunca nos vemos e non podo máis, así que vou facer unha cousa. Voulle roubar o coche ó meu pai, porque ti mais eu imos de viaxe ata un lugar marabilloso (ou ata onde chegue a chofa). Alí está todo permitido, alí non hai límite, porque alí estamos ti máis eu... Queres vir?”

 

 

 

3.º Premio: A miña declaración, de Cristina Cabaleiro, de Redondela (un Ipod)

 

 

 

“As declaracións de amor escríbense comezando sen saber o que se vai dicir, e rematase sen saber o que se dixo. Por iso comezarei dicindo que o namoramento é un estado de miseria mental na que a vida da nosa conciencia estreita, empobrece e paraliza. Terminarei dicindo; creo que me atopo nese estado.”

 

 

 

Categoría B (de 20 a 35 anos):

 

 

 

1.º Premio: Como son eu para ti?, de María Maira Torres Rey, de Vilanova de Arousa (un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas no Restaurante O Croque do Museo do Mar de Vigo)

 

 

 

“Que como es ti para min? Bonito como un repolo, doce como unha mazá, listo como un allo, picante como os pementos, tenro como a leituga, saboroso como os pexegos, exótico como os mangos e refrescante como os ananás. Ti es quen me fai vexetariana e moi jalupina!”

 

 

 

2.º Premio: Política íntima, de Antonio Iglesias Mira, de Arteixo (unha PlayStation3 + unha cea para dúas persoas no Restaurante O Croque do Museo do Mar de Vigo)

 

 

 

“Non sei se sabías, mais son un nacionalista da timidez: Preciso auto-determinación para dicirche que te quero.”

 

 

 

3.º Premio: Lingua muda, de Rocío Diéguez Blanco, de Marín (un Ipod + unha cea para dúas persoas na Taberna A Curuxa de Vigo)

 

 

 

“Lonxe de normas lingüísticas nace en nós o privilexio espontáneo dunha lingua muda. Lingua inquedante, protagonista e enaltecedora de sentimentos contrapostos. Lingua infinita e narcótica; lingua de nostalxias e dun presente inmortal, de dialectos ilimitados, sen verbas nin ortografía. Amor, lingua implacable, fortuíta, inexorable, incrible...”

 

 

 

Ademais, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros en galego por cortesía da Libraría Couceiro, unha das entidades colaboradores do certame, xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellería de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

 

 

 

CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA

 

 

 

1.º Premio: Non chores máis, de Aida López Casado, de Monforte (un ordenador portátil + unha fin de semana na casa de turismo rural O Pazo da Escola, en Gondomar)

 

 

 

2.º Premio: Amor na televisión, de José Lameiras Vilanova, de Ourense (unha PlayStation3 + unha fin de semana na casa de turismo rural O Budiño da Terraseca, en Oia)

 

 

 

3.º Premio: Arrancamos, de Xermán Bugallo Sanz, de Vigo (un Ipod + unha fin de semana na casa de turismo rural A Regueira dos Ojea, en Salceda de Caselas)

 

 


Lingua de Amor 2009 nos medios:

 


- Entrevista en Viraventos, de Radiofusión

- Entrevista en O Tren do Serán, de Radio Galega

 


Podes consultar as bases completas deste concurso no seguinte documento adxunto:


 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

Ver Declaracións








 
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ou superiores e Opera